Galicia

Hoteis e restaurantes internacionais acollen en prácticas a 390 alumnos do Centro Superior de Hostalería de Galicia

practicas alumnos hosteleria01

Este verán 390 alumnos do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) están a realizar as súas prácticas en prestixiosos hoteis e restaurantes internacionais, situados en 19 países diferentes. A duración desta actividade formativa é de entre dez semanas e un ano.

A estadía nestas empresas é unha parte importante da formación coa que se trata de que o alumno coñeza en profundidade os departamentos operativos como o servizo, a cociña e o aloxamento nos primeiros dous cursos e a xestión de hoteis nos dous últimos. Ademais, a experiencia permitiralle percibir a realidade do sector e poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante o curso para adaptalos á realidade hoteleira.

O plan de estudos estipula a obrigatoriedade de facer prácticas todos os anos en hoteis e restaurantes e o centro recomenda aos seus estudantes que un ano sexa no estranxeiro e outro na costa española do Mediterráneo ou nas Illas Baleares ou en Canarias.

practicas alumnos hosteleria02Acordos con importantes establecementos internacionais

Dado o interese amosado por varias das firmas hoteleiras máis importantes do mundo por contar nos seus establecementos con persoal formado no CSHG, o Centro asinou varios acordos de colaboración con estas compañías. En base a estes acordos os responsables de Recursos Humanos deses establecementos visitan as instalacións do CSHG todos os anos para presentar os seus negocios e realizar entrevistas aos alumnos interesados.

Deste xeito, os alumnos realizan as prácticas en diversas comunidades autónomas españolas como Galicia, Andalucía, Baleares, Canarias, Cataluña, Madrid, Levante, Asturias, País Vasco e Navarra, pero tamén en outros países como Estados Unidos, Tailandia, Vietnam, Malasia, Costa Rica, Brasil, República Dominicana, México, Emiratos Árabes Unidos, Grecia, Italia, Bélxica, Portugal, Holanda, Reino Unido, Francia, Alemaña e República Checa.

También te puede interesar