Comarcas Destacados

30.000 euros para consolidar as ruínas da antiga lavandería de Mondariz Balneario

mondariz antiguo hotelA Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o investimento de máis de 28.000 euros no concello de Mondariz-Balneario para a consolidación das ruínas do edificio de lavandería do antigo hotel, no que está previsto a creación do Museo da Auga. Trátase dunha achega enmarcada na liña 1 do Plan Concellos 2016, dedicada a investimentos.

A través deste Plan Concello, a institución provincial xa otorgou ao municipio pontevedrés máis de 108.000 euros para as renovación do alumeado exterior da rúa Ramón Peinador e da estrada PO-254 á altura da rúa Constitución e das melloras na rúa Troncoso; máis de 6.000 euros para financiar o Campionato de Fútbol Sala, a actividade ‘Cine na Rúa’, o Torneo de Golf e a peregrinación ao santuario da Franqueira; e preto de 59.000 euros para a contratación de 14 traballadoras e traballadores que están a desempeñar as súas funcións nos servizos municipais.

O Goberno provincial xa entregou o 70,6% do total destinado a Mondariz-Balneario dentro do Plan Concellos 2016, situando neste momento o investimento na vila en 202.400 euros.

También te puede interesar