Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

@SOSMeixoeiro, SOS Sanidade Pública e persoal retoman as concentracións en defensa do hospital

CmxcdZlWgAA1NNcA plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo, SOS Meixoeiro e a Xunta de Persoal, iniciaron este este 7 de xullo, as concentración que se desenvolverán os xoves deste mes en defensa do hospital e para pedir que se aproveiten os quirófanos e camas cirúrxicas, que se consolide a Unidade de Coidados Paliativos e o mantemento de unidades de diagnose por imaxe e laboratorio.

Hai que lembrar que entre os días 1 e o 23 do pasado mes de xuño, os empregados se pecharon no hospital para esixir a apertura de todas as camas de hospitalización, da Unidade de Críticos, a paralización das derivacións á sanidade privada e para crear un plan de choque contra as “escandalosas listas de espera” e despois se avaliará a

Dende agora, se concentrarán durante este mes e estudarán a posibilidade de repetir mobilizacións o mes de Agosto. As de xullo serán, ademáis de hoxe, o 14 de xullo na planta -1 de consultas externas do H. Álvaro Cunqueiro, ás 12:00 h; o 21 de xullo na rúa Pizarro fronte antigas Urxencias do Xeral, ás 8 da tarde, e o 28 de xullo na antiga Dirección provincial de Servizo Galego de Saúde (SERGAS) na rúa García Barbón, ás 12:00 h.  

También te puede interesar