Marea pedirá no pleno a creación dun Consello Municipal da Saúde | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Marea pedirá no pleno a creación dun Consello Municipal da Saúde

Posted by on Jun 29th, 2016 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

marea

O grupo municipal da Marea de Vigo rexistrou este mércores unha moción promovida pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo para a creación dun Consello Municipal da Saúde na que tanto as organizacións de profesionais representativas da poboación como as organizacións de traballadores sanitarios poidan ser partícipes das accións e tomas de decisións que se leven a cabo a nivel municipal con respecto a temas de saúde.

SOS Sanidade Pública presentou esta moción a través da concelleira de Marea Marga L. Barreiro, que asumiu o compromiso de presentala e defendela no vindeiro pleno que terá lugar o 4 de xullo.

Para esta concelleira, “ao marxe das competencias autonómicas en materia de saúde existen moitos elementos de especial relevancia sobre a saúde das personas que dependen unicamente das institucións municipais, como todo o que ten que ver coa xestión e calidade dun ben como a auga, a xestión de residuos ou mesmo sobre a alimentación nas escolas ou o deporte”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM