Cultura

Os airiños de Rosalía vistos a través da cámara de Xurxo Lobato

Casa Rosalía separado por páginas 2

Reivindicar a Rosalía de Castro como poeta e escritora, “como pioneira na defensa das mulleres e como símbolo da galeguidade“. É un dos obxectivos da exposición fotográfica ‘Airiños, aires. Rosalía’ do artista Xurxo Lobato, que chega este venres 1 de xullo á Casa das Artes como unha mirada nostálxica, evocadora da vida de Rosalía e da súa obra.

Aberta ao público ata o vindeiro 31 de xullo, a mostra percorre a través de fotografías as paisaxes biográficas onde viviu Rosalía de Castro. Territorios, rúas, espazos vencellados a súa vida… interpretados dunha maneira evocadora, suxerente e artística.

Vigo, Padrón, A Coruña, Compostela, Bastavales, Dodro, Madrid, Simancas… Lobato recolle a mirada dun fotógrafo que busca a presenza da poeta a través das pegadas da súa obra e da súa vida.

También te puede interesar