Comarcas

Nigrán contrata a unha empresa para auditar cada mes o traballo de Cespa

nigran rua romana

O Concello de Nigrán contratará a unha empresa para que realice vixilancia e control mensual do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, xestionado pola concesionaria Cespa. O obxectivo destas auditorías é fiscalizar ao máximo este traballo para que o Concello teña unha referencia externa e pague unicamente polos servizos contratados.

Deste xeito xa se iniciou o correspondente procedemento de contratación cun prezo estimado de case 73.000 euros que dará comezo o 1 de xaneiro de 2017 e durará catro anos. Esta é unha das medidas adoptadas polo goberno municipal para controlar ás empresas concesionarias.

Humanización na Ramallosa

Por outra banda, xa concluíron as obras de humanización na esquina de Romana Alta con Romana Baixa, no barrio da Cabreira, na Ramallosa.

O lugar, historicamente degradado pola presenza dun vertedoiro incontrolado durante décadas, foi adecentado mediante a construción de beirarrúas e un muro lateral, ademais de arrombar o espazo para a posta de colectores.

 

También te puede interesar