Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Remata o peche dos traballadores do Meixoeiro logo de 23 días en defensa da Sanidade Pública

2016-06-15-ConcentracionMeixoeiroApoioAreasSanitarias17As traballadoras e traballadores do Meixoeiro decidiron este xoves, en asamblea, rematar co peche que mantiñan no interior das instalacións para rexeitar o desmantelamento do centro médico.

Dende o pasado día 1 os empregados se pecharon no hospital para esixir a apertura de todas as camas de hospitalización, da Unidade de Críticos, a paralización das derivacións á sanidade privada e para crear un plan de choque contra as “escandalosas listas de espera”.

Apoiados por SOS Sanidade Pública, os traballadores consideran que a reordenación da área sanitaria debería basearse “na integración de todos os recursos asistenciais para evitar a fragmentación e descoordinación” entre centros, servizos e niveis asistenciais e na creación de novos recursos para completar unha oferta asistencial “racional e axustada ás necesidades e ao volume da poboación”.

A todo se suma a petición de que se aproveiten os quirófanos e camas cirúrxicas, que se consolide a Unidade de Coidados Paliativos e o mantemento de unidades de diagnose por imaxe e laboratorio.

También te puede interesar