vigoalminuto.com - Tu periódico digital

A fin de semana pechouse con 85 feridos nas estradas galegas

Posted by on May 30th, 2016 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

ambulancia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante esta fin de semana a 85 persoas feridas en 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O sábado foi a xornada con maio número de incidencias, xa que se produciron 27 sinistros.

Por provincias, Pontevedra volveu ser a que máis accidentes rexistrou, con 20 sinistros, seguida de A Coruña (17), Lugo (8) e Ourense (7). Entre o perfil dos feridos, a maioría homes (59%) e con idades comprendidas entre os 20 e os 34 anos (35%).

Nesta ocasión, 73 dos feridos foron trasladados a centros sanitarios e 12 foron atendidos no mesmo lugar do sinistro. Os servicios de emerxencias mobilizaron a ambulancia medicalizada en catro ocasións, as asistenciais en 56, as convencionais en 4 e aos médicos de Atención Primaria en 6 casos.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM