Comarcas

Nove postos máis co plan de prácticas laborais da Deputación

imagesA Deputación de Pontevedra adxudicará  nove novas bolsas coas que se amplía o Plan de Práctica Laboral tanto no organismo provincial como nos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.

A partir do 1 de xuño, nove titulados e tituladas sen experiencia laboral previa completarán a súa formación académica en áreas de coñecemento afíns que lles poidan facilitar a súa futura incorporación ao mercado laboral.

As persoas adxudicatarias proceden das listas de agarda que xa quedaran configuradas tras o proceso de selección do Plan de Práctica Laboral. As nove bolsas serán cubertas por persoas tituladas en Traballo Social (2 bolsas), Dereito, Historia, Tradución e Interpretación, Filoloxía Inglesa, Enxeñaría Técnica Industrial en Electricidade e Administración e Dirección de Empresas.

Nesta ocasión traballarán nos servizos de Cohesión Social e Xuventude, Intervención, Promoción do Emprego e Desenvolvemento Local, Servizos Lingüísticos, Arquitectura e Secretaría Xeral.

Complétanse así as 209 bolsas do Plan de Práctica Laboral na Deputación de Pontevedra e concellos para mozos e mozas de diferentes titulacións universitarias e graos superiores de formación profesional, unha iniciativa para á que de destinan máis de 2 millóns de euros.

También te puede interesar