Vigo al minuto

O BNG quere saír destas novas eleccións con “voz propia” para Galicia

bng pontevedra

O 26 de xuño pode traer unha nova oportunidade para Galicia. Así o transmitiu Luis Bará, número un ao Congreso pola provincia de Pontevedra durante a presentación da candidatura de BNG-Nós ás vindeiras eleccións nacionais, quen asegurou que a nova visita ás urnas non é “unha repetición”, senón unha oportunidade para que Galicia “volva ter voz propia”.

Arroupado pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e pola número un ao Senado pola provincia, Alba Cuba, Bará recordou que os últimos meses “só presenciamos un espectáculo vacuo e pobre da política madrileña sen unha representación galega”.

Por iso, a candidatura nacionalista convértese a ollos de Bará nunha resposta para todos aqueles “decepcionados” da forma de facer política centralista fronte ás cinco lexislaturas “nas que o BNG estivo en Madrid para traballar polos galegos e galegas”.

 

 

 

También te puede interesar