Galicia

Galicia recibe máis de 300 doazóns de sangue cada día

donacion

Máis de 300 doazóns de sangue diarias, 111.250 doazóns en todo 2015. Estas cifras sitúan a Galicia por décimo sexto ano consecutivo na taxa óptima de doazón de sangue que recomenda a OMS, chegando a 41 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano. Unha taxa lixeiramente inferior ao ano anterior por mor do descenso demográfico, pero que se traduce nun maior volume de doazóns.

Segundo os datos do Centro de Transfusión de Galicia, integrado desde este ano na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, a provincia con maior número de doazóns foi A Coruña (50.050), seguida de Pontevedra (40.787), Ourense (10.868) e Lugo (9.050).

En canto a compoñentes sanguíneos, durante 2015 distribuíronse 105.615 unidades de hemacías, un 0,7% máis que o ano anterior; 13.391 litros de plasma fresco conxelado, un 3,9% máis, e 14.902 unidades de plaquetas, único compoñente que disminuíu, cun 3,4% menos.

Ademais, realizáronse 6.203 procesos de doazón por aférese, que permite a obtención dos diferentes compoñentes sanguíneos por separado nun mesmo proceso, o que permite mellorar a calidade transfusional e a asistencia sanitaria a doentes con enfermidades como leucemias ou trasplantados de médula.

También te puede interesar