Destacados Vigo al minuto

A Laxe, excluída da zona de liberalización horaria

liberalizacion horaria

O Concello decidiu finalmente excluír ao centro comercial A Laxe da zona que vai ser proposta á Xunta para ser declarada de grande afluencia turística, o que lle permitiría ampliar a liberalización de horarios comerciais. Así o aseguraron os secretarios comarcais de CIG, CCOO e UGT, centrais sindicais que se opoñían á liberalización horaria en toda a cidade co apoio de traballadores, colectivos veciñais e representantes do pequeno e mediano comercio.

Deste xeito, quedan excluídas A Laxe e o Barrio do Cura, ao entender que é unha zona “que carece de interese turístico”. Mentres tanto, no Ensanche esta liberalización horaria soamente afectaría ata a rúa Pontevedra, xa que nese perímetro non existe a posibilidade de ubicar un negocio de máis de 3oo metros cadrados. Para as tres centrais sindicais este é “un bo acordo” e recordan que, en caso de que a Xunta o aplique finalmente, tendrá unha vixencia de cinco anos revisable anualmente, como establece a normativa.

También te puede interesar