Vigo al minuto

Traballadores da empresa de ambulancias Ambuibérica denuncian en Vigo as súas condicións laborais

Ambulancias1Arredor de 150 traballadores de ambulancias desenvolveron este mércores pola mañá unha protesta diante de Ambuiberica en Vigo para denunciar o incumprimento do convenio por parte da empresa, sobre todo en materia de saúde laboral. A compañía, que xestiona as Urxencias do 061 en varias zonas do país, presenta, segundo os representantes da plantilla, deficiencias á hora da desinfección e lavado dos uniformes e das bases.

A mobilización, na que participaron empregados de A Coruña, Vigo, Pontevedra e Santiago , desenvolveuse diante das instalacións da empresa na rúa Colombia, ata as 12 e media da maña.  Alí despregaron unha faixa contra a precariedade no sector e berraron consignas para reclamar unha solución ao conflito laboral.

Ambulancias3Os empregados do sector denuncian os problemas que padecen a causa dos incumprimentos da empresa na aplicación do convenio colectivo, sobre todo en materia de saude laboral, polas deficiencias en canto á desinfección e limpeza dos unifermos de traballo e das bases.

Trátase dun problemática que se reproduce nas distintas zonas onde Ambuiberica ten a concesión das Urxencias do 061 nas provincias da Coruña e Pontevedra, entre elas Vigo e o Baixo Miño. De feito, o cadro de persoal da área sanitaria de Santiago xa desenvolveu protestas polos mesmos motivos con anterioridade.

Ambulancias2A intención dos traballadores é continuar coas mobilizacións nas vindeiras semanas, sen descartar incluso a convocatoria dunha folga no servizo, xa que a súa preocupación vai en aumento despois de coñecer que a empresa -á que a CIG ten sinalado pola súa vinculación ao PP- opta tamén a facerse coa xestión dos servizos non urxentes do 061.

También te puede interesar