A Universide de Vigo terá a súa sede institucional no Berbés en 2018 | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A Universide de Vigo terá a súa sede institucional no Berbés en 2018

Posted by on Abr 29th, 2016 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Universidade de Vigo e Xunta de Galicia asinaron hoxe o convenio para a construción e desenvolvemento da nova sede institucional universitaria na praza do Berbés, previsto para 2018. Será un espazo para promover a investigación, os intercambios e as sinerxías co tecido empresarial, cultural e social da cidade nun edificio con espazos polivalentes situado en pleno Casco Vello.

universidad berbes02A Xunta achegará 2 millóns de euros para a rehabilitación dos números 11, 13 e 15 da praza do Berbés, 1.500 metros cadrados nos que se instalará por exemplo aulas do Centro de Linguas, o Programa de Maiores, un espazo de coworking ou actividades culturais e de investigación e innovación. O proceso comezaba en setembro de 2014 coa cesión gratuíta do dereito de superficie por parte do Consorcio do Casco Vello durante os próximos 40 anos.

A sinatura deste convenio coincidiu coa publicación este venres no Diario Oficial de Galicia do anuncio de procedemento aberto para a contratación da redacción do proxecto básico e de execución e dirección da obra do edificio. En 16 meses, a Universidade de Vigo podrá ter “a súa sede institucional na porta de entrada de Vigo”, como salientou o reitor, Salustiano Mato.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM