Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Prácticas en empresas para 400 mozos e mozas

Posted by on Abr 8th, 2016 y archivado abajo Empleo, Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

7P2A3006

Deputación de Pontevedra aprobou esta mañá o Plan de Práctica Laboral 2016 en empresas para mozas e mozos sen experiencia laboral previa, co que se pretende “reducir a taxa de desemprego xuvenil, un dos retos máis importante ao que nos enfrontamos, e mellorar, nun futuro, a calidade e a estabilidade no emprego”, como salientou a presidenta da Deputación, Carmela Silva.

Deste xeito, a institución provincial vai destinar durante este ano 669.192 euros para este plan, a través do que 400 persoas sen experiencia laboral previa no ámbito dos seus estudos poidan traballar en empresas do sector privado, corporacións sectoriais (colexios profesionais, cámaras oficiais, confrarías, comunidades e federacións deportivas) e organizacións non gobernamentais (asociacións sen ánimo de lucro) da provincia de Pontevedra, coa finalidade de promover e completar a súa formación académica para facilitar a súa futura incorporación ó mercado de traballo.

En total,  360 das persoas beneficiarias traballarán en empresas privadas e 40 en corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais, recibindo entre 700 e 800 € ó mes durante 6 meses, con posibilidade de prórroga por outros seis.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad

Publicidad de V al minuto

ElektronikSigara - sex shop vibrator