Cultura

Vigo busca os seus símbolos a través da fotografía

vigo

O Museo Liste convoca o III Concurso de Fotografía,  un certame que baixo o lema ‘Vigo: símbolos da cidade’ pretende recoller aqueles símbolos considerados polos cidadáns como representativos de Vigo.

Os interesados en participar poderán presentar ata o 3 de maio as súas imaxes, nas que se valorará a beleza e sensibilidade á hora de recoller certos aspectos que singularicen e dignifiquen o elemento fotografado, a técnica e o valor documentar. Poden presentarse ata un máximo de 3 fotografías e optarase a un dos tres premios por categoría, que consistirán nunha figura conmemorativa e a exposición da súa obra durante un período de 15 días na sede da Fundación Liste – Museo Etnográfico de Vigo.

Envíos

Os participantes deberán enviar as fotografías por correo electrónico en arquivos axuntos de xeito individual nun tamaño de 2362 x 3543 píxeles, ou ben 20 x 30 cm. cunha resolución mínima de 300 puntos por polgada e en formato jpeg a [email protected]. A mensaxe debe incluir categoría na que participan (idade se é menor de idade), nome e apelidos, dirección postal (domicilio, código postal, poboación, provincia), dirección de correo electrónico, teléfono de contacto, título da foto e lugar de realización da mesma. Non se admitirán fotomontaxes.

Máis información a través dos teléfonos 986244698 ou 986236767 e a través do enderezo [email protected].

También te puede interesar