Seis meses de prácticas en Italia e Reino Unido con Erasmus + PracticumDepo | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Seis meses de prácticas en Italia e Reino Unido con Erasmus + PracticumDepo

Posted by on Mar 29th, 2016 y archivado abajo Destacados, Empleo. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

erasmunplus

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inaugurou esta mañá en Pontevedra a xornada de preparación da mobilidade Erasmus + do PracticumDepo 2015, a través do que 26 mozos e mozas realizarán prácticas de formación profesional durante seis meses en Italia e Reino Unido.

Os mozos e mozas participantes nesta segunda edición do programa iniciarán as súas prácticas en empresas o 24 de abril e rematarán o 5 de novembro de 2016. En total, 17 alumnos e alumnas desprazaranse ás localidades italianas de Arezzo e Catania e outros 9 ás de Londres e Belfast, no Reino Unido.

O alumnado pertence a centros educativos de Marín (IES Chan do Monte), Pontevedra (IES A Xunqueira I e Centro de formación e experimentación agroforestal de Lourizán), Sanxenxo (IES Vilalonga), Silleda (IES Pintor Colmeiro), Vila de Cruces (IES Marco de Camballón) e Vigo (IES Ricardo Mella, IES Chapela, IES Politécnico e Centro de Formación Divino Maestro).

Un total de 123 alumnos e alumnas

Con este programa, a Deputación de Pontevedra promove a mobilidade de estudantes de ciclos medios de formación profesional para facilitarlles o proceso de transición do ámbito da educación e a formación ao mercado laboral. Nesta edición participan un total de 123 alumnos e alumnas de 18 centros educativos da provincia que realizarán as súas prácticas en Finlandia (21 persoas), Francia (30), Italia (37) e Reino Unido (35). Deles, 41 xa esán a desfrutar da primeira mobilidade, que comezou en outubro e rematará en maio.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad

Publicidad de V al minuto

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM