Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

@MareaVigo pide manter a atención sanitaria nos dous anexos do Xeral

hospital-xeral2O Grupo Municipal da Marea de Vigo considera que se debe manter a atención sanitaria nos Anexos I e II do Xeral para “situar neles os servizos necesarios que vimos reclamando xunto coa Asociación Pola Defensa da Sanidade Pública”.

Os mesmos serían: un potente Servizo de Urxencias Extrahospitalario vinculado a un Centro de Alta Resolución; manter o Bloque Cirúrxico xa existente no Anexo II para Cirurxía Minimamente Invasiva; manter o Bloque de Consultas Externas e os Gabinetes de Exploracións e Probas Funcionais para mellorar a accesibilidade dos pacientes e reducir as listas de espera; abrir un novo Centro de Atención Primaria que remate coa masificación dos actuais; manter o Servizo de Rehabilitación; trasladar o Centro de Orientación Familiar; e crear unha Unidade de Saúde Mental que substitúa ás pechadas na Dobrada e Coia.

Marea de Vigo subliña que , mesmo a eventual proposta de converter o o Anexo II nun aparcadoiro, polo que seria preciso demoler todo o que está agora construído e en perfectas condicións de uso, “sería algo intolerable tendo en conta a falta de equipamento sanitario na nosa cidade” e, polo tanto “non terán o noso apoio se non se manteñen as características sanitarias nos dous anexos”.

También te puede interesar