Beiras defende o rescate do Cunqueiro pagando á concesionaria os 69 millóns que investiu no mesmo | Vigo al minuto
vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Beiras defende o rescate do Cunqueiro pagando á concesionaria os 69 millóns que investiu no mesmo

Posted by on Mar 10th, 2016 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Beiras, este xoves no Concello, sinalando un lugar da Ría

Beiras, este xoves no Concello, sinalando un lugar da Ría

Imágenes: vigoalminuto.com/Marea de Vigo defenderá no Pleno do Concello unha iniciativa para que a Corporación secunde a denuncia da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública que plantexa a nulidade da concesión por 20 anos, feita polo Goberno de Galicia á concesionaria do novo hospital.

Ademáis, tamén pedirá o seu apoio á proposición non de lei, que Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) ven de presentar no Parlamento de Galicia para que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) rescate a concesión do Álvaro Cunqueiro.

A proposta da Marea tivo un defensor moi convincente, o histórico deputado Xosé Manuel Beiras, quen este xoves, no propio Concello explicou nunha concorrida e entretenida rolda de prensa a proposta parlamentaria de AGE.

A mesma baséase en rescatar a concesión do hospital pagando á concesionaria a cantidade que investiu, 69 millóns de euros en total, máis una indemnización polo tempo de trámite da volta do Cunqueio a mans públicas.

Como subliñou Xosé Manuel Beiras, esta proposta é xusta, “porque a concesionaria non ten dereito a percibir máis do que investiu no hospital”, e evitaría que os cidadáns teñan que pagar preto de 1.600 millóns de euros polo canon anual que “o Goberno de Núñez” asinou coas empresas que forman parte da devandita concesionaria.

Para o voceiro de AGE esta é unha “decisión política”, ainda que preguntouse “quén vai ser o guapo dentro da Xunta que a apoie” posto que, sinalou, a concesión do hospital de Vigo fíxose para beneficiar aos amigos do Partido Popular.

Beiras salientou que algunha das empresas que integran a concesionaia eran insolventes e que foi a propia Xunta quen fixo de mediadora diante do Banco Europeo de Investimentos para facilitarlle a financiación.

O deputado nacionalista tamén comentou que este medio de construir o “alcumado hospital Álvaro Cunqueiro” se fixo en contra da advertencia do Consello de Contas de Galicia quen nun estudo “deu a alarma de que esta acordo entre a Xunta e as empresas que forman parte da concesionaria do hospital, suporía un incremento dun 80% no compromiso de gasto do Servizo Galego de Saúde, poñendo en risco a solvencia do mesmo…isto so é unha operación para dinamitar o Sergas e privaizar o sistema público de sanidade”.

Sobre as posibilidades de que esta proposición non de lei saia adiante no Parlamento galego, dada a maioría absoluta do Patido Popular, o profesor Beiras botou man da “miña prolongada experiencia en pelexar contra maiorías absolutas no Parlamento…que agora non é maís que un edificio oco” e logo de cualificar aos deputados populares de “gallifantes que non pensan”, incidiu no feito de que o máis importante dun debate é gañalo ou perdelo. “Gañar os debates foi o que trouxo o resultado que os grupos que agora integramos A Marea logramos nas Elecións Europeas e os das últimas Elecións xerais, porque nos estamos coa xente do común”.

Beiras e os concelleiros de Marea de Vigo

Beiras e os concelleiros de Marea de Vigo

O voceiro de AGE, que non deixou de respostar a ningunha das preguntas, moitas delas alleas á proposición que viña a defender, amosouse sorprendido do plantexamento do líder do PSOE en relación coa formación do Goberno do Estado e deixou craro que Pedro Sánchez ten que escoller, entre a esquerda ou pactar con “Albert Primo de Rivera, do criptofranquismo de Ciudadanos”.

Sobre as comentadas ‘lineas rojas’ para que haxa un acordo entre o partido socialista e Podemos, Beiras asegurou que as mesmas son “os principios democráticos, os deeitos humanos e a Constitución que, curiosamente nós non votamos e que somos os únicos que defendemos”. Nesta liña,acusou á presidenta da Junta de Andalucía de decir o mesmo co líder da dereita en 1936, José Calvo Sotelo, “cando falaba de aquelo de romper España…Susana Díaz esta nesta liña”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM