Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Traballadores do Cunqueiro e o Meixoeiro maniféstanse contra o “ataque á liberdade de expresión” do xerente da Área Sanitaria

ProtestaTraballadores do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) desenvolveron este mércores unha mobilización nos hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro para “rexeitar os intentos por parte da Xerencia de censurar as críticas pola falta de persoal ou polos problemas na xestión”.

O responsábel da Área Sanitaria de Vigo,Félix Rubial, emitiu un comunicado no que insta os xefes de servizo a retirar as mensaxes que denuncian as carencias existentes nos centros médicos da rede sanitaria pública viguesa.

Carta-gerenteAs mobilizacións convocadas pola Xunta de Persoal do Chuvi desenvolvéronse ás 11 da mañá no Cunqueiro e a 1 da tarde no Meixoeiro e nelas participaron varias ducias de traballadores. A decisión adoptouse despois de coñecer que o xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, vén de remitir unha circular a todas as xefaturas de servizo, unidade e persoal subalterno e ás persoas responsábeis de supervisión anunciando a retirada das mensaxes que, en diferentes puntos dos hospitais, denuncian carencias de persoal e xestión.

Ao mesmo tempo, o comunicado advirte da posibilidade de que se impoñan sancións no caso de que os carteis e os avisos volvan aparecer nos corredores dos centros médicos.

También te puede interesar