Galicia

Dous mortos e 77 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

Ambulancia 061/Foto:vigoalminuto.com
Ambulancia 061/Foto:vigoalminuto.com

O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 77 persoas debido a 58 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, 5 de febreiro ata as 12 menos un minuto da noite deste domingo. O día da fin de semana que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 29 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 72 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 58 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 77 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 74. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 59 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete sinistros. As ambulancias convencionais mobilizáronse en tres ocasións.

En 64 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no punto do accidente.

También te puede interesar