vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O proxecto da #EstaciónIntermodal de Vigo estará listo este mesmo ano

Posted by on Ene 20th, 2016 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A conselleira de Infraestructuras, en Vigo para falar do proxecto de Estación Intermodal

A conselleira de Infraestructuras, en Vigo para falar do proxecto de Estación Intermodal

A conselleira de Infraestructuras anunciou este mércores en Vigo que convocará unha nova xuntanza co Concello para acordar  a execución dos accesos da terminal de autobuses e acadar a primeira cidade galega con estación intermodal.

Ethel Vázquez, a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas; e representantes de ADIF analizaron hoxe na propia Estación de Urzáiz os primeiros traballos para a redacción do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses da futura intermodal de Vigo.

Vázquez explicou que estes traballos comezan polo levantamento topográfico da parcela que acollerá esta terminal. Concretou que só o contrato deste proxecto supón un investimento de 350.000€ e 9 meses de traballo, polo que se disporá do documento dentro deste mesmo ano.

A conselleira sinalou que a estación intermodal, na parte de autobuses contará con 21 dársenas susceptibles de ampliación e unha superficie duns 9.000 m2. Ademais compartirá servizos coa estación de ferrocarril, buscando tanto a optimización de investimentos como a comodidade dos usuarios.

Ethel Vázquez salientou que a execución da estación intermodal levarase a cabo “contra vento e mareas” en referencia á “oposición” de “AGE-Mareas-Podemos de bloquear o desenvolvemento do transporte público en Vigo e de Vigo co resto de Galicia”.

Vázquez explicou que o obxectivo do Goberno galego é atopar unha solución urbanística para poder desenvolver este proxecto na súa integridade, “unha cuestión en plena sintonía co Concello de Vigo”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM