Galicia Sucesos

O Goberno de Galicia amosa o seu pesar pola morte dun voluntario de Protección Civil mentres facía unhas probas na Academia de Seguridade

proteccioncivil344O Goberno de Galicia ven de amosar o seu pesar pola morte, este luns pola tarde, dun dos voluntarios de Protección Civil que participaba nunhas probas na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) e traslada as súas condolencias aos seus familiares.

Segundo indica o Goberno galego nun comunicado, o home, que sufriu un desvanecemento cando estaba a realizar as prácticas no marco das probas para acreditar a cualificación de extinción de incendios e salvamento, recibiu atención médica de inmediato pero non se puido evitar a súa morte, presumiblemente e a falta dos resultados da autopsia, a causa dun infarto.

Ata o lugar se desprazaron tres psicólogos do GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Emerxencias) para prestar atención aos compañeiros do falecido. As probas de cualificación que se estaban a celebrar e que deberían proseguir esta semana quedan suspendidas en sinal de loito.

También te puede interesar