Comarcas

#TraballadoresLinorsa mobilízanse para esixir o que se lles adebeda

LinorsaO persoal de Linorsa, adxuducataria do servizo de limpeza en numerosas administracións públicas, iniciará un calendario de mobilizacións en Vigo e Pontevedra para esixir o pagamento dos salarios e das pagas extras que a empresa lles adebeda. Ademais, os traballadoras decidiron en asemblea remitirlles cartas ás distintas administracións para que rescindan os contratos coa compañía.

A decisión de mobilizarse foi adoptada nas asembleas celebradas pola CIG, CCOO e UGT en Vigo e Pontevedra, nas que participaron máis de 280 persoas, despois de que a empresa non ingresase a paga extra de Nadal e abonase unicamente o 50% do salario das traballadores pontevedreses.

Ao persoal do resto de provincias galegas e ao do conxunto do Estado aínda lles adebeda a práctica totalidade do soldo, como tampouco liquidou os atrasos do convenio de limpeza de Pontevedra correspondentes aos anos 2014 e 2015.

A representación dos empregados púxose en contacto coa dirección para saber os motivos da falta de pago, “contestándonos que o ían intentar”, segundo eplican dende a CIG-Servizos. Mais o 29 de decembro a empresa comunícalles que Facenda lle bloqueou as contas, polo que só puideron pagar a metade do salario do persoal pontevedrés.

También te puede interesar