Galicia

Medra ata preto do 60% o número de fogares galegos que chega con dificultade ou moita dificultade a final de mes

En-familiaO número de fogares galegos que chegan con dificultade ou moita dificultade a finais de mes medrou ata achegarse ao 60%, segundo os datos publicados este martes polo Instituto Galego de Estatística (IGE). A porcentaxe de fogares que chegan con dificultade a final de mes e xá do 44,9%, mentres que os que teñen moita dificultade xa son o 13% do total.

Ademáis, en contra do resto do Estado, as familias que viven no Sur de Galicia viron diminuir os seus ingresos, en un 2% no caso da provincia de Ourense- ata os 1.720 € de media- e do 0,59% na de Pontevedra- 1.863 €-. Na de A Coruña, os ingresos por familia medraron un 1,3%-ata os 2.015 € de media- e na de Lugo, un 1,1% -1.911 €-. No conxunto de Galicia, na actualidade a metade das familias ingresa menos de 1.640 € mensuais.

También te puede interesar