Galicia Sucesos

Apagados os lumes de A Merca e Carballeda de Valdeorras e controlado o de Triacastela, logo de queimar preto de 50 hectáreas

LumeA Consellería do Medio Rural informa da extinción dos incendios rexistrados na parroquia de Corvillón, no concello ourensán da Merca, parroquia de Corvillón e na Carballeda de Valdeorras e o control do de Triacastela, en Lugo.

O lume de A Merca iniciouse onte ás 13:40 horas e quedou extinguido ás 10 desta mañá. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 23 hectáreas, das cales 15 son de monte arborado e 8 rasas. Na súa extinción traballaron 4 axentes, 8 brigadas, 3 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

O da Carballeda de Valdeorras iniciouse pouco antes das 2 da tarde deste domingo e quedou apagado pasadas as 12 da noite de hoxe.

Polo que atingue ao de Triacastela, está controlado, non extinguido. O lume iniciouse esta madrugada pasada a 1 e quedou controlado pouco antes das 7. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 1 axente, 1 brigada e 1 motobomba.

También te puede interesar