Comarcas

O Concello de Ponteareas empeza a atacar o escaravello vermello que está a matando ás palmeiras

Foto: concellodeponteareas.org/
Foto: concellodeponteareas.org/

As seis palmeiras dos Xardíns da Xiralda do Concello de Ponteareas comezaron a ser tratadas o pasado luns  para combater os efectos negativos que nelas causa o picudo ou escaravello vermello, unha especie invasora que pode chegar a provocar a morte destas árbores.

Tralo estudo feito pola empresa encargada polo Concello, que realizou os traballos grazas a unha grúa que permitiu aos operarios levar a cabo o tratamento dende o punto máis alto das palmeiras, a conclusión extraída foi que catro delas estaban afectadas por esta praga e, asemade, dúas das palmeiras precisaban un tratamento de choque urxente.

O alcalde, Xosé Represas, indicou que, “aproveitando que a situación de dúas das palmeiras é grave, trataremos as catro restantes para evitar que a praga se propague”. As medidas a tomar inclúen revisións nos meses vindeiros para comprobar a evolución do tratamento, “de xeito que poidamos garantir que unha parte importante do entorno do Concello poida ser conservado en boas condicións”.

También te puede interesar