Vigo al minuto

O alcalde anuncia que o ano que ven o Concello destinará 2,5 millóns a axudas de emerxencia e 800.000 contra desafiuzamentos

Colas-Concello2O goberno local acordou incrementar en 10.000 € a partida para axudas de emerxencia a familias en situación de necesidade. O alcalde asegurou este mércores que o total abonado neste capítulo achégase aos 750.000 €.

Abel Caballero salientou que os orzamentos municipais para 2015 reservan 445.000 € para axudas de emerxencia e que esta cantidade  foi aumentada sucesivamente, para atender á demanda, en 200.000 € en sendos acordos de xullo e agosto, noutros 70.000€ o pasado 10 de novembro.

O alcalde insistiu en que a partida de 2014 tamén tivo que ser aumentada en función da demanda, ano no que “o Concello concedeu máis de 3.000 axudas de emerxencia, fundamentalmente para vivenda, alimentación e enerxía”. Os fondos para 2015 xa son superiores aos adicados no pasado exercicio e se prevé que o ano que ven se outorguen máis de 3.000 achegas, dixo Caballero.

No apartado de axudas a familias en situación de emerxencia, o alcalde lembrou que o Concello implementa o coñecido como cheque social, 2 millóns de euros para pagos de vivenda, enerxía e alimentación. “Na convocatoria de 2015, o goberno de Vigo concedeu 1.500 axudas para vivenda, 1.079 máis para subministros e outras 1.121 para comida”.

Caballero avanzou que no orzamento aprobado para 2015, o Concello reserva máis de 2,5 millóns de euros para este tipo de apoio de emerxencia, incluindo a “creación dun novo fondo de emerxencia antidesafuizamentos, con algo máis de 800.000€”.

También te puede interesar