Galicia

42.000 galegos que perciben pensións non contributivas recibirán o mes que ven un pago único de 206 €

AnciáO Consello do Goberno galego aprobou este mércores un decreto que establece o complemento extraordinario de 206 € para os perceptores de pensións non contributivas da Seguridade Social. A axuda chegará a máis de 42.000 persoas perceptoras de pensións non contributivas, do Fondo de Asistencia Social e do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimo.

Segundo explicou o presidente, trátase dun complemento que suporá un investimento por parte da Administración galega de 8,7 millóns de euros. Ademais, tal e como sinalou o titular do executivo, esta axuda ingresarase de oficio, sen necesidade de efectuar solicitudes ou levar a cabo ningún trámite adicional e será aboada nun pagamento único nos primeiros dez días de xaneiro.

También te puede interesar