Comarcas Vigo al minuto

As Neves pedirá integrarse no Plan de Transporte Metropolitano e na Área de Vigo

O alcalde de As Neves, Xosé Roidríguez Méndez
O alcalde de As Neves, Xosé Roidríguez Méndez

O alcalde de As Neves apreza o anuncio feito público onte en relación coa Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (PLISAN) e agarda que sexa unha realidade e que non se quede so nunha intención que se faga coincidir cun período electoral. “En todo caso o goberno de As Neves insistirá en que sexa, esta vez sí, unha realidade”.

Xosé Manuel Rodríguez Méndez insiste en que hai dous puntos esenciais que teñen que ser resoltos de manera “inmediata e urxente”: o primeiro o pago das compensacións aos propietarios polas expropiacións do Porto Seco, que ten que ser unha parte clave do seu desenrolo e, en segundo lugar, concluir, “como insistiu o goberno de As Neves en numerosas xuntanzas coas distintas administración responsableis”, o proxecto da conexión por vía férrea e a Estación do Ferrocarril.

Rodríguez Méndez insiste en que é “absolutamente necesario” tendo en conta a posta en funcionamento da PLISAN pero, subliña “debe ter en conta, tamén que debe de servir como conexión e transporte de persoas entre o Porto Seco, con Vigo e co conxunto da Área Metropolitana. Debe de estar ao servizo das persoas como seito de mellora das comunicación e potenciación de todo o Condado”.

Neste eido, o alcalde lembrou que o Pleno do Concello secundou a solicitude, “e así se tramitou xa diante dos organismos correspondentes”, de integración de As Neves no Plan de Transporte Metropolitano e iniciará os contactos para pedir a súa integración na Área Metropolitana de Vigo, tendo en conta que sería inxustificabel que As Neves, como concello potenciador e sede da PLISAN non estivese neste organismo “nas mesmas condicións e coas mesmas garantías que o resto dos seus membros”.

Por último, Xosé Manuel Rodríguez Méndez lembrou, como xa fixera varias semanas, ao Consorcio da Zona Franca que o Porto Seco é “unha excelente alternativa” para as inversións industriais que Zona Franca tiña previstas para Vigo, no caso de que o problema co Plan de Ordenación Urbana da cidade non permitise ao Consorcio acometer as mesmas este ano. O alcalde nevense insiste e que as devanditas inversións non só beneficiarían o desenrolo da PLISAN, senon o do sur do país e o da primeira urbe de Galicia.

También te puede interesar