vigoalminuto.com - Tu peridico digital

#20D En Marea duplica,cando menos, os votos nas grandes cidades, gaña en Vigo e xa é a segunda forza por detrás do PP

Posted by on Dic 21st, 2015 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Integrantes de En Marea, esta noite pasada en Vigo

Integrantes de En Marea, esta noite pasada en Vigo

Foto: Proendos/En Marea, a coalición de Podemos, EU e Anova obtén os mellores resultados nas sete grandez cidades o que, salientan os seus integrantes, “permitirá que Galicia teña, por primeira vez na historia, grupo parlamentar propio no Congreso dos Deputados”.

Co 100% do voto contado, en Compostela En Marea repite-con 409 votos menos- os resultados das Eleccións Municipais de maio- e queda so por detrás do Partido Popular, que conquire 20.065 sufraxios-.

En A Coruña, A Marea,logra 45.759 votos por 46.705 do PP, e supera en 10.000 sufraxios os que obtivo Marea Atlántica nas Municipais de hai sete meses.

En Vigo En Marea foi a forza política máis votada este domingo, con 59.690 votos, 11.000 máis que o Partido Popular e 21.000 máis que o PSdG-PSOE.

En Ourense, triplica os votos logrados en maio por Ourense en Común- pasando de 5.543 a 15.273- fronte aos 22.553 do Partido Popular e por diante dos 14.574 do PSdG-PSOE. O mesmo sucede en Lugo, onde Lugonovo obtivo 5.379 nas Municipais e este domingo subiu ata os 13.963– por 19.934 dos populares, que perden preto de 10.000 votos dende 2011, e por diante dos 12.533 dos socialistas, que obteñen 5.000 apoios menos que hai catro anos-.

En Pontevedra, Marea Pontevedra pasou de 3.222 sufraxios nas Eleccións Municipais de maio, a 13.213- fronte aos 16.266 do PP e 9.927 dos socialistas e catro veces maís que os 3.203 do BNG-Nós do alcalde Lores-. Polo que se refire a Ferrol, En Marea pasa de 7.230 a 12.423- fronte aos 13.220 do Partido Popular e 7.890 do PSOE-.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM