Comarcas

Convenio entre o Concello do Porriño e Fundación Obra Social La Caixa en beneficio do Banco de Alimentos

A alcaldesa do Porriño e o director de La Caixa
A alcaldesa do Porriño e o director de La Caixa

A alcaldesa do Porriño e o director de La Caixa, asinaron este mércores un convenio polo cal a entidade financieira entrega ao Concello unah acantidade de 4.000 € que destinarase na súa totalidade a SOS Porriño-Banco de Alimentos que, na actualidade atende a máis de 250 familias porriñesas que viven en situación de necesidade.

A alcaldesa, Eva García de la Torre ademáis de agradecer á Fundación Obra Social La Caixa a súa aportación, subliñou que a cooperación co Concello e co pobo do Porriño “é constante dende hai moitos anos e atende, sempre, os chamamantos de solidariedade que se fan desde a administración local e as ONGs porriñesas”.

Pola súa banda o director de La Caixa, Igor de las Heras, amosou a disposición “e o compromiso da Fundación Obra Social de La Caixa cos veciños do Porriño” e ademáis de adiantar que este ano a aportación ao Banco de Alimentos será de 4.000 €-1.000 máis que en 2014– lembrou que o orzamento da Fundación en Galicia, lonxe de conxelarse ou reducirse, aumentará no ano 2016 ata os 9 millóns de euros, un millón máis que no ano que está a piques de rematar.

No acto de sinatura do convenio, a concelleira de Benestar Soledad Girón, quixo agradecer, ademáis, a laboura “entregada e constante” dos voluntarios de SOS Porriño, “que logo de traballar adican o seu tempo e esforzo a axudar a centos de persoas que están nunha situación límite”. A concelleira indicou que grazas á mesma, foi posible que se fixeran xa entregas, “estos días” de productos de primeira necesidade.

También te puede interesar