Galicia

O Xulgado cita á muller que denunciou que Baltar ofreceulle traballo a cambio de sexo e pide as gravacións que teña

BaltarO Xulgado de Instrución número 3 de Ourense ven de citar á muller que denunciou a José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense e do PP provincial, para que poida ratificar que o político lle ofreceu un posto de traballo a cambio de manter con el relacións sexuais. A denunciante admitiu que accedera á petición unha soa vez nun céntrico hotel da capital ourensán.

Segundo o Tribunal Superior de Xustiza Galicia, a citación prodúcese poucos días despois de que a Fiscalía arquivase a primeira investigación e a titular do Xulgado número 3 pediu ao Fiscal as gravacións que ten de conversacións entre a denunciante e José Manuel Baltar.

Na denuncia que presentou no xulgado, a muller amosou a súa disposición a aportar as gravacións e o teléfono móbil no que conserva as mensaxes enviadas no seu día polo presidente da Deputación. Hai que lembrar que no primeiro escrito que presentou na Fiscalía so detallou os feitos solicitando, ademais, un careo con Baltar.

También te puede interesar