Este luns, día 14, ás 6 da tarde a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) Vigo-Tui convoca un acto no cruzamento de Urzáiz con Vía Norte, na que presentarán as súas 5 demandas aos partidos que se presentan ás Eleccións do día 20: Dación en Pagamento retroactiva; Aluguer Social; STOP Desafiuzamentos; Vivenda Social (Parque Público da Vivenda) e Suministros Garantidos.
Os membros da PAH farán unha ruta que pasará por diante das sedes do PP e do PSOE nun “acto pacífico e interpelativo”, repartindo dípticos e pegatinas.
A PAH quere conseguir “visibilizar que temos 5 demandas de mínimos e urxentes para acabar coa gravísima urxencia habitacional e que os partidos teñen que aplicalas”; que as persoas saiban que “PP, PSOE e Cidadáns non inclúen as nosas demandas nos seus programas” e pedirlles que “rectifiquen”.
Durante a súa acción os membros da PAH levarán un ‘5’ de preto de 3 metros de altura que simboliza as súas propostas que difundirán nas redes sociais mediante o hashtag #As5delaPH.