vigoalminuto.com - Tu peridico digital

240 maiores pasarán o Nadal en O Carballiño e Panxón

Posted by on Dic 13th, 2015 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

NadalA Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza un ano máis o programa ‘Xuntos polo Nadal’ que nesta edición de 2015 oferta 240 prazas -120 na residencia de tempo libre do Carballiño e outras 120 na residencia de tempo libre de Panxón– para aquelas persoas maiores de 60 anos que se atopen soas e que queiran pasar o Nadal en compañía.

A residencia do Carballiño acollerá as persoas que teñan o seu domicilio nas provincias de Pontevedra e Lugo, mentres que na residencia de Panxón participarán as persoas con domicilio nas provincias de A Coruña e Ourense.

O programa, que comeza o 23 de decembro e remata o 2 de xaneiro, incluirá aloxamento e manutención en réxime de pensión completa, o desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo ata as residencias de tempo libre, así como a viaxe de volta. Ao abeiro do programa realizaranse numerosas actividades de animación sociocultural durante os 11 días nos que transcorra ‘Xuntos polo Nadal’.

O número total de solicitudes presentadas foi de 284, é dicir, superior ao número de prazas ofertadas. No proceso de selección das persoas participantes, deuse prioridade ás persoas con maior idade, a aqueles que vivan sos e non teñan con quen pasar estas datas, así como aqueles que nunca participaran no programa.

Do mesmo xeito, deuse preferencia aquelas persoas cun menor nivel de ingresos económicos. Nesta liña, a Consellería de Política Social estableceu a gratuidade do programa para aquelas persoas que teñan uns ingresos mensuais inferiores ao Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IMPREM), que é de 532,51€, mentres que aqueles que conten cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM