vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O alcalde de Redondela advirte sobre a Área Metropolitana que “si Caballero quere que sexamos un barrio de Vigo que non conte con nós”

Posted by on Dic 12th, 2015 y archivado abajo Comarcas, Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Javier Bas, alcalde de Redondela

Javier Bas, alcalde de Redondela

O alcalde de Redondela esixiu a Abel Caballero que manteña o debido respeto polos redondeláns porque “quen pretende presidir a Área Metropolitana non pode tratar aos veciños como si estivesen mendigando unha limosna”.

Javier Bas subliñou que “estamos a negociar como conformar unha entidade que nos permita camiñar xuntos cara ao futuro, e non parece que o menosprecio permanente sexa a mellor maneira de comenzar esa andaina”

Bas asegurou “que o compromiso de Redondela coa Área é total, como demostrar as afeccións que sufrimos a consecuencia das infraestruturas que nos atravesan. Por iso fai tres meses din un paso ao frente para reunirme co alcalde de Vigo, como tamén estiven despois na cumbre de alcaldes a que se nos convocou, pero despois de cada reunión se nos dí unha cousa distinta”.

O alcalde de engadiu que “na reunión dos alcaldes, Caballero dixo non asumir o actual convenio de transporte metropolitano, pero que si estaría disposto a alcanzar un acordo no marco da área metropolitana. 45 días despois afirma que o transporte urbano de Vigo e solo de Vigo e désbota ceder a competencia a Área”.

Para Javier Bas “o mais surrealista é que en cada ocasión Caballero afirma que hai consenso, incluso agora que pretende excluirnos do diálogo simplemente por militar no Partido Popular. Esa actitude nin é seria, nin é democrática.”

O rexedor redondelán lembrou que “o Goberno de Galicia convocou unha reunión en Redondela que se celebrou con luz e taquígrafos, e a postura do noso Concello está respaldada polo PP e por mais grupos políticos, en temas fundamentáis como o transporte metropolitano ou a financiación”.

Bas manifestou que “13 concellos e o Goberno galego tamén asumiron que haberá que ceder competencias, pero descoñecemos cales pretenden ceder o Concello de Vigo e a Deputación Provincial, esa que antes tiña que desaparecer do ámbito metropolitano e agora permanece muda”

O alcalde asegurou que acudirá a xuntanza que convocará o vicepresidente do Goberno de Galicia,“con total predisposición ao acordo. Se Vigo quere un socio leal, ahí estaremos, pero se Caballero pretende convertirnos en un barrio da cidade, con nos que non conte”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM