Vigo al minuto

A Deputación convoca 6 bolsas para licenciados en Historia, Documentación ou Formación e Documentación

DiputaciónA Deputación de Pontevedra ven de aprobar a convocatoria de 6 bolsas para persoas coa Licenciatura ou Grao en Historia, Documentación ou en Información e Documentación para realizar traballos de arquivística, inventariado e catalogación no arquivo da Deputación e arquivos municipais da provincia. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partir do seguinte ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO).

As bolsas, que durarán seis meses podendo ser prorrogadas por outros seis meses máis, concederanse mediante o sistema de valoración de méritos e entrevista persoal, na que o tribunal formulará cantas preguntas considere preciso. Cada unha das persoas que gocen da bolsa recibirán unha asignación mensual de 800 €.

A Xunta de Goberno aprobou, tamén, a prórroga por seis meses máis dunha bolsa, enmarcada no Plan de Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra, para o titulado en Ciencias Políticas e da Administración que estaba a gozar da bolsa en A Estrada entre o 1 de novembro e 17 de decembro de 2015.

Un obxectivo prioritario para o novo goberno da Deputación de Pontevedra é o impulso do emprego e a inserción laboral. Para elo, o orzamento da Deputación para o 2016 destinará ó servizo de promoción de emprego e desenvolvemento local 4 millóns de € que se complementarán cos preto de 3 millóns de € que xestionará o servizo de recursos humanos e formación e 9 millóns de € que irán dirixidos ó fomento do emprego nos concellos da provincia.

En total, a Deputación de Pontevedra destinará un total de 15,3 millóns de € ó fomento do emprego, un 20,5% máis de recursos que os destinados a este campo no 2015.

También te puede interesar