Cultura Vigo al minuto

‘Té con Kant’, no Auditorio do Concello, este mércores, coa compañía Inversa Teatro

Té con KantA compañía Inversa Teatro representará, este mércores, día 9, no Auditorio do Concello (9 da noite) a peza teatral “Té con Kant” con entrada libre ata completar o aforo. Té con Kant é un proxecto experimental que conxuga a combinación entre o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntima próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia.

Johanna Gottfried e Theodora Kraus son dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde Prusia do S.XVIII. Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión e acción da cidadanía ao redor da problemática social e moral nos nosos días, a partires das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant.

O final do espectáculo decídeo o público de forma asamblearia, seguindo o imperativo categórico kantiano e despois de que este escoite, por parte dunha das personaxes, unha crítica marxista e feminista á ilustración.

También te puede interesar