Vigo al minuto

O presidente Feijóo di aos profesionais do Cunqueiro que se non lles gusta o xerente “é o seu problema”

O presidente Feijóo/ Foto: Xunta
O presidente Feijóo/ Foto: Xunta

Ao presidente do Goberno de Galicia non lle gustou que os profesionais do Hospital Álvaro Cunqueiro sinalasen as deficiencias do ‘mellor hospital de Europa’ e menos aún que pedisen a demisión do xerente da Área Sanitaria, Félix Ruibal.

“Se hai facultativos aos que non lles gusta ninguén porque foi proposto pola Administración sanitaria actual é o seu problema e a súa opinión”, respostou o presidente Feijóo a unha pregunta dos nosos compañeiros de Galicia Confidencial sobre a súa impresión sobre as opinión dos profesionais sanitarios.

O presidente defendeu a xestión do xerente e do seu novo equipo, “o correcto é esperar a coñecer ao equipo e as súas decisións, e non prexulgalos”, suliñou na rolda de prensa posterior á reunión semanal do goberno galego.

Hai que lembrar que este mércores, decenas de facultativos e outros profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) asistiron a unha asemblea na que esixiron a dimisión do xerente e que a dirección os convoque e escoite as súas formulacións para poder pór solución ás “deficiencias” do Cunqueiro.

También te puede interesar