Vigo al minuto

Simulacro de incendio no Cunqueiro

SimulacroO Hospital Álvaro Cunqueiro realizou na mañá de hoxe un simulacro de incendio con evacuación do persoal na zona “afectada polo sinistro”.

É a primeira vez que levase a cabo un exercicio destas características desde que o novo hospital está en funcionamento. O mesmo foi coordinado polo persoal da Unidade de Prevención de Riscos Laborais e serviu para avaliar o grado de eficacia dos procedementos actualmente en vigor.

A simulación do sinistro produciuse nunha zona do servizo de Anatomía Patolóxica, concretamente nos laboratorios. Como consecuencia do simulacro, e en cumprimento do protocolo para ese tipo de emerxencias, procedeuse o desaloxo das cincuenta persoas que se atopaban nese momento na “zona afectada”.

“Planificamos un exercicio de emerxencia parcial con evacuación da zona, ante un incendio nunha área próxima a produtos inflamables, ao mesmo tempo que previamente se simulaba unha falsa alarma noutro punto do hospital”, explicaron os Técnicos de Prevención, Alberto Pérez Albarellos e Ana Besteiro Eguía.

O exercicio comenzou coa detección dun lume nun laboratorio do servizo de Anatomía Patolóxica preto dun almacén de produtos inflamables, o que provocou a activación do protocolo cun aviso de emerxencia ao centro de control do hospital.

O centro de control cursou, de inmediato, un aviso ao xefe de emerxencias do hospital, que é o xerente do centro. Ao mesmo tempo desprazaba ata a zona afectada a un equipo de intervención.

O xefe do servizo de Anatomía Patolóxica ordenaba a evacuación das persoas que atopábanse na zona e o xefe de emerxencias chegaba á área afectada, acompañado do director médico, para poñerse ao fronte do operativo.

Tal como marca o protocolo de actuación, os xefes de Emerxencia e de Intervención valoraron a actuación antes de decidir se era conveniente evacuar a planta. Considerouse necesario polo que designouse a persoal para que se desprazara ás zoas limítrofes as do sinistro para á súa evacuación, si ben, na práctica, non foi realizada dita evacuación co fin de non interromper a actividade dos profesionais.

O xefe de emerxencias do hospital, tras ter coñecemento de que todo estaba controlado, realizou unha avaliación dos danos e deu por terminada a intervención. “É o primeiro simulacro que realízase no hospital, e haberá máis porque é mellor ter os protocolos ben claros para dar unha resposta o máis inmediata posible en caso dun sinistro real”, sinalou o xerente do Álvaro Cunqueiro, Félix Rubial, ao remate do exercicio.

Pola súa parte, Alberto Pérez Albarellos manifestou ao termo do simulacro que “isto serviunos, ademais de para comprobar o funcionamento xeral do dispositivo, para avaliar permanentemente o traballo das figuras claves, os xefes de emerxencia e de intervención, nunha hipotética situación real de emerxencia”. O persoal “afectado” polo simulacro mostrou en todo momento un nivel moi alto de colaboración.

También te puede interesar