vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Galicia perde 2.076 afiliados á Seguridade Social e so o 49% dos desempregados cobra algunha prestación

Posted by on Dic 2nd, 2015 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Reunión do Goberno de Galicia

Reunión do Goberno de Galicia

A Seguridade Social perdeu o mes pasado en Galicia 2.076 afiliados, deixando o total en 949.130, dacordo cos datos difundidos este mércores polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

A afiliación so medrou en novembro en Pontevedra, exactamente en 388 persoas,o cal representa un 0,1%; pero baixou en Lugo un 0,71%, en Ourense, un 0,47% e en A Coruña, un 0,27%.

A finais do mes pasado 710.515 galegos cotizaban no réxime xeral- deles 27.531 por traballo no fogar e 4.808 na agraria-, 217.474 como autónomos e 21.138 no do mar.

Tamén dacordo cos datos oficiais, a cobertura por desemprego situouse en Galicia a finais de novembro no 49,2% dos desempregados, o que supón que máis da metade dos parados xa non reciben axuda algunha.

Das 108.364 persoas que sí reciben algunha prestación, 43.656 cobran prestacións contributivas, 51.766, subsidios, 11.988, rentas activas de inserción e o resto están no programa de activación do emprego.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM