vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O concurso fotográfico ‘Unha ollada ás túas illas’, o 5 de decembro nas Cíes

Posted by on Nov 29th, 2015 y archivado abajo Cultura, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Vista-de-Cies-desde-la-Ria1O III concurso de fotografía dixital ‘Unha ollada ás túas illas’, celebrará un maratón fotográfico nas Illas Cíes, que terá lugar o vindeiro 5 de decembro. Poderán participar no concurso todos aqueles fotógrafos, profesionais ou afeccionados, maiores de 18 anos. Para a inscrición no maratón deberán enviar un formulario de inscrición, debidamente cumprimentado, ao correo electrónico fotografia.atlanticas@gmail.com. Os participantes inscritos deberán presentarse o día do maratón na estación marítima de Vigo ás 08:45 horas. O regreso farase o mesmo días ás 17:30 horas chegando a Vigo ás 18:15 horas, aproximadamente. O transporte á illa correrá a cargo de cada concursante.

Cada participante poderá presentar unha única fotografía por tema, que se establecen catro categorías (temas a fotografar): no barco camiño á illa, no momento do desembarco, no centro de visitante e no punto de control do centro de visitante. Todas as fotografías presentadas ao concurso deberán ser sacadas o día do maratón fotográfico.

Os traballos poderán ser descargados no ordenador da organización no mesmo día ou ser enviadas ao correo electrónico antes das 23:59 horas do día seguinte é celebración do maratón.

Entregarase un primeiro e segundo premio por categoría ou temática, así como outros dous (1º e 2º) á mellor serie. As fotografías premiadas serán cedidas ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia que as poderá usar para divulgar os valores do parque.

Este tipo de actividades preténdese animar aos cidadáns a coñecer os valores destes enclaves naturais dende outro punto de vista, xa que é unha época de menor afluencia. Ao mesmo tempo, con esta iniciativa aumentase a sensibilidade da poboación cara aos espazos naturais ao través da arte fotográfica, e as obras so un exemplo da beleza e das cores que as illas do Parque Nacional aportan á paisaxe de Galicia.

Bases do concurso

Só se admitirán fotografías en formato dixital (formato JPEG), en color ou en branco e negro, tamaño máximo das imaxes será de 4.000 píxeles no lado maior (e o mínimo de 1.000 píxeles), nunca superando os 4 Mb. Só se admitirá unha fotografía por participante.

As fotografías presentaranse a sangue (non se admiten marxes, marcos, bordes ou elementos similares), permítese a edición dixital básica e imprescindible para a mellora dos parámetros de luminosidade, contraste, saturación, ton, enfoque e balance de brancos.

Non se poderán engadir ou eliminar elementos que modifiquen a composición orixinal. Permítense recortes e nivelados da imaxe de ata un 25%. Non se admiten virados, HDR, etc. No caso de que as condicións meteorolóxicas sexan adversas, a saída realizarase noutra data que fixe o Parque Nacional.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de V al minuto - Vigo

ElektronikSigara - sex shop vibrator