Cultura

Morre Neira Vilas

Neira Vilas1O escritor Xosé Neira Vilas morreu esta noite na súa casa de Gres, en Vila de Cruces, aos 87 anos de idade. Neira Vilas foi autor dun libro esencial nas letras galegas, ‘Memorias dun neno labrego’, publicado en 1961, e traducido, entre outros idiomas, ao castelán, inglés, francés, alemán, checo ou ruso, venderá máis de 600.000 exemplares.

Este narrador, ensaísta, periodista e poeta, seguía en activo, de feito unha das súas obras, ‘Romaría de historias’ era unha das novedades da Editorial Xerais nesta semanas, ainda que será lembrado por sempre polas primeiras verbas de ‘Memorias dun neno labrego’, “Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre”.

Xosé Neira Vilas naceu en Gres, Vila de Cruces, en 1928, en 1949 emigrou a Bos Aires, onde traballou coma xornalista. Casou coa coa escritora cubana Anisia Miranda-finada en 2009-, filla de galegos, en 1957 e os dous fundaron a editorial Follas Novas, para editar e distribuir libros galegos en América. En 1961marcharon para Cuba e xa non voltarían a Galicia ata 1992.

Neira Vilas, que ten rúas e prazas, auditorios e bibliotecas co seu nome en todo o país e fora de Galicia, era membro da Real Academia Galega e este mesmo ano, con moitísimos de retraso, recibirá a Medalla de Ouro de Galicia.

También te puede interesar