Vigo al minuto

#luzecalorparatodas: campaña en Vigo contra a pobreza enerxética

lucesnadalEste 27 de novembro o Concello encenderá 2 millóns e medio de bombillas no alumeado de Nadal. A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, en colaboración con Galiza Contrainfo, veñen de realizar un video para denunciar a outra realidade: a das veciñas e veciños desta cidade que sofren cortes de electricidade todo o ano, tamén en Nadal.

O vídeo, baixo o hashtag #luzecalorparatodas, lembra, con testemuñas de veciños da cidade que ainda hai persoas que non poder facer fronte ao pago do recibo da electricidade, en varios casos, familias con fillos pequenos, que sofren o corte do suministro e aos que hai que lembrar todo o ano, non so nestas datas.

A falla de electricidade supón, ademáis de ter que vivir na oscuridade, prácticamente dende as 6 da tarde, o feito de que non sexa posible, tampoco, encender a calefacción nuns día no que, coa chegada do inverno, empeza a facer máis frío.

También te puede interesar