Xa son 9 os detidos na ‘Operación Jairo’ contra o independentismo galego | Vigo al minuto
vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Xa son 9 os detidos na ‘Operación Jairo’ contra o independentismo galego

Posted by on Oct 31st, 2015 y archivado abajo Portada, Sucesos, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Concentración en Príncipe, este venres/Tresyuno Comunicación

Concentración en Príncipe, este venres/Tresyuno Comunicación

A Garda Civil detivo xa a 9 persoas en distintos concellos de Galicia durante a ‘Operación Jairo’, contra a contorna de ‘Resistencia Galega’. Segundo o instituto armado, os detidos son os dirixentes de ‘Causa Galiza’ e están acusados de “enaltecemento do terrorismo”. Na operación, sempres segundo fontes da investigación, os axentes entraron en 9 casas dos detidos e no local da organización.

Entre os detidos está o ‘histórico’ Antón Arias Curto, de 71 anos, que dende hai preto de 40 está vencellado ao independentismo e que xa fora condeado noutras ocasións a máis de 20 anos de cadea.

A súa primeira detención foi en 1980, cando militaba na Loita Armada Revolucionaria (LAR), no xuizo posterior foi condenado a oito anos de cárcere; cando saiu da cadea entrou no Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive: foi detido en 1988, condeado e posto en liberdade en 1995.

Logo das detencións, grupos independentistas convocaron distintas concentracións en varios puntos de Galicia, entre eles o MARCO, en Vigo, onde amosaron o seu apoio aos arrestados con berros como “non pode ser, patriotas na cadea e corruptos no poder”.

Be Sociable, Share!

1 Respuesta for “Xa son 9 os detidos na ‘Operación Jairo’ contra o independentismo galego”

  1. xefe dice:

    D novo unha nova cortinha d fume por parte das garras dun estado podre, que tapa suas miserias, con operacións deste tipo.Condeando a xente totalmente respetabel e seria, comprometida co seu país. E desta maneira, concuncalles seus dereitos, secuestrandolos, e invadíndo violentamente sua intimidade. Senon arruinanlles suas vidas, metendoos na cadea sem nengúns tipos d probas e argumentos. Marca España style.

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad

Publicidad de V al minuto

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM