Comarcas

A Deputación aproba investimentos por 1,5 millóns de euros para Mondariz, A Cañiza e Pontevedra

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a concesión dun anticipo de 300.000 € ao concello de Mondariz con destino á financiación de investimentos en diversas infrestructuras.

Así o acordou o equipo de goberno da nova Deputación na súa sesión celebrada o pasado mércores. Este anticipo xurde da necesidade de liquidez do concello de Mondariz, cun orzamento practicamente esgotado e a necesidade de afrontar a realización ou o pago de investimentos xa feitos. O concello de Mondariz terá un prazo de 15 anos para a devolución deste anticipo.

Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén adxudicou a obra de mellora do entorno do santuario da Franqueira en A Cañiza á empresa Narom SL. por un importe de 251.115,73 € cun prazo de execución de dous meses. Esta cantidade supón case que un 20% de aforro sobre o prezo de licitación que foi aprobado no pasado mes de marzo polo anterior equipo de goberno.

Por último, o equipo de goberno tamén adxudicou dúas parcelas do polígono Barro-Meis a empresa “Hijos de Rivera S.A.U. Estrella Galicia”. Trátase de dous espazos con máis de cinco metros cadrados no que a empresa fará unha inversión superior os 900.000 €. Polas dúas parcelas “Estrella Galicia” deberá pagar unha cantidade superior o medio millón de euros.

También te puede interesar