Galicia

Publicadas polo Sergas as listas de seleción temporal de técnicos de prevención de riscos laborais e traballadores sociais

sergasO Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a aprobación das listas definitivas, coa puntuación, dos admitidos no proceso de actualización das solicitudes para a seleción temporal de técnicos superiores en prevención de riscos laborais, técnicos de grao medio en prevención de riscos laborais e traballador social, listas que poden consultarse na web do Sergas.

Os aspirantes poden, tamén, consultar o seu expediente electrónico persoal e a súa orde nas listas que entrarán en vigor, para chamamento, dende o día 30 deste mesmo mes. Ademáis, o 15 de outubro, publicaránse os resultados do proceso de actualización das listas de 2015: en total 40 categorías.

También te puede interesar