O fiscal pide no Supremo a anulación da sentenza do ‘Prestige’ e a condea do capitán Mangouras

PrestigeO fiscal pediu este martes, no Tribunal Supremo, a anulación da sentenza do afundimento de Prestige en 2002, e que a Audiencia de A Coruña rectifique ditando outra que recolla as probas que sinalan que o seu capitán debe ten que ser condenado e que recoñeza o dereito a máis de 4.300 millós de euros de indemnización.

Segundo a Fiscalía, a sentenza foi ilóxica e arbitraria á vista da documentación presentada e que acredita que o capitán Mangouras sabía do mal estado do buque, e que probaba o verquido de 63.000 toneladas de fuel ao mar, que se viron afectados 3.000 quilómetros de costa e que 1.137 praias resultaron contaminadas.

Hai que lembrar que o Supremo estuda, dende hoxe, varios recursos contra as sentenzas que deixaron sen responsabilidade por delitos contra o medio ambiente e os danos polo afundimento do petroleiro, ao capitán, ao seu xefe de máquinas, Nikolaos Argyropoulos,e a José Luis López Sors, que era en 2002 director xeral da Mariña Mercante.

O que sí non haberá xa, pasados 13 anos da traxedia, é ningunha responsabilidade política. Non responderán pola catástrofe o ex presidente Aznar, o seu vicepresidente daquela, Mariano Rajoy, o ministro de Fomento da época, Álvarez Cascos, o ex delegado do Goberno en Galicia, hoxe director xeral da Garda Civil, Fernández de Mesa, os ex ministros de Pesca, Arias Cañete, e de Medio Ambiente, Jaume Matas, Javier Gárate, na época, director de Sasemar; Ángel del Real, ex capitán marítimo de A Coruña; Serafín Díaz, inspector de Capitanía Marítima, ou Enrique López Veiga, conselleiro de Pesca en 2002.

También te puede interesar