Elixidos os 9 membros do xurado que decidirá si Alfonso Basterra e Rosario Porto mataron a súa filla, Asunta | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Elixidos os 9 membros do xurado que decidirá si Alfonso Basterra e Rosario Porto mataron a súa filla, Asunta

Posted by on Sep 29th, 2015 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Xulgados de Santiago

Xulgados de Santiago

Logo de catro horas, os avogados, o fiscal e a acusación particular que interveñen no xuizo polo asesinato de Asunta Basterra Porto, chegaron a un acordo para elixir ás 9 persoas que integrarán o xurado encargado de decidir si os país da pequena, Alfonso Basterra e Rosario Porto son culpables da súa morte.

Son catro mulleres e cinco homes- ademáis de dous suplentes, home e muller- todos eles da provincia de A Coruña, que no vindeiro mes e medio escoitarán aos maís de 80 testigos e técnicos e aos propios acusados e que logo terán que dar o seu veredicto.

O fiscal e a acusación particular consideran que Alfonso Basterra e a súa ex muller, Rosario Porto, mataron a Asunta, de 12 anos, o día 21 de setembro de 2013 e, por elo, piden 18 e 20 anos de cadea, respectivamente, para os dous acusados. Os avogados defensores de Basterra, José Luis Gutiérrez Aranguren, e Belén Hospido, creen que os seus clientes son víctimas dun plan e piden a súa absolución.

Mañá empeza o xuizo, propiamente dito, coas alegacións e a proposta das probas, ás que seguirán as declaración dos dous acusados o xoves.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM