Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Vigo apoia a demanda dunha tarifa eléctrica galega

ElectricidadeO Concello aprobou este luns, cos votos en contra do Partido Popular, unha declaración de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) de medidas contra a pobreza enerxética e para garantir a enerxía como servizo público que promove a CIG. O secretario comarcal, Alberto Gonçalves, foi o encargado de tomar a palabra no pleno para explicar a proposta da central.

O representante sindical indicou que a iniciativa está fundamentada no valor estratéxico que para Galicia ten o sector enerxético, polo que representa no seu produto interior bruto e por ser un factor relevante para a produción industrial.

Lamentou que no Estado español se impuxese o criterio dun sistema eléctrico único e de tarifa única, prexudicial para Galicia ao tratar por igual os consumidores dos diferentes territorios, sen ter en conta a súa achega como produtores de enerxía.

“É posíbel a concreción dunha tarifa máis baixa, para que realmente exista un beneficio económico para o propio país, para favorecer o consumo doméstico dunha poboación que ten as pensións e os salarios entre os máis baixos do Estado español e para posibilitar o seu crecemento industrial”, asegurou.

Na proposta da CIG concrétase o desenvolvemento dunha política enerxética baseada no papel protagonista da Administración galega, na necesidade para o país de dotármonos dunha tarifa eléctrica específica, fundamentada da nosa condición excedentaria na produción eléctrica, da análise das perdas no transporte e distribución, así como das diferentes peaxes do sistema que atenden ás singularidades de determinados territorios.

También te puede interesar